CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

O grupo de teatro do IES Martaguisela do Barco enche na representación de “Metateatro”

Esta obra, interpretada por un elenco de 16 actores e actrices, poñíase en escena na tarde do 5 de xuño no Teatro Lauro Olmo

Teatro dentro do teatro e ben aderezado con humor e cunha pinga de drama no Barco. O grupo de teatro do IES Martaguisela compartía a súa última proposta cun numeroso público na tarde do 5 de xuño. Poñían en escena “Metateatro”, unha reposición da obra escrita pola profesora de Música, Marta Cortés, que xa se representara no ano 2014.

A peza relata a historia dunha rocambolesca compañía teatral que soporta as idas e vidas dun tiránico director de escena. Ademais, no decurso da representación o público ía descubrindo as diferentes relacións entre os actores e actrices.

“Metateatro” estaba interpretada no Teatro Lauro Olmo por un elenco de 16 actores e actrices, alumnos do centro: María Santos, Marta Cao, David Cao, Miguel Ortiz, Ana Briz, Ana Neira, Inés Cao, Candela Fusaro, Uxía Núñez, Óscar Navas, Marina Fernández, Antela Roo, Emily Bejarano, Zoe Ramos, Julia Barrio e Amlau Rodríguez.

Con esta iniciativa o instituto persegue, “á par que potenciar o uso do galego na escena teatral, reivindicar os valores do traballo en grupo, a lealdade, a humildade e compañeirismo”. O IES Martaguisela tamén agradece a colaboración do Concello do Barco nesta actividade.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button