CulturaCulturaÚltima hora

O grupo de teatro do IES Martaguisela presenta a súa particular versión do clásico de Shakespeare

A obra “Romeo e Xulieta… ou non” poderá verse o 2 de maio no Teatro Lauro Olmo do Barco
Imaxe da obra “Proles e Contras” representada o ano pasado. /Foto: Mónica G. Bellver.

Unha versión en clave actual da obra de Shakespeare. É o que propón o grupo de teatro do IES Martaguisela coa súa nova obra “Romeo e Xulieta… ou non”. Unha peza que porán en escena o mércores 2 de maio ás 20:30h. no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.

Cada ano os alumnos do obradoiro de teatro que dirixe Marta Cortés traballan ao longo do curso nunha peza que máis tarde presentan ao público. Nesta ocasión, a escolla ten como obxectivo “insistir na reflexión sobre graves problemas que afectan á sociedade actual como a cosificación que os medios de comunicación fan da muller”, explica a responsable do obradoiro. Así, público que asista ao teatro poderá ver a unha Xulieta, á que non lle preocupa estar bela por fora senón por dentro, amante de Romeo pero tamén da lectura, muller de firmes principios que busca seu sitio nun mundo que a discrimina por ser muller e que lle impide ser libre para estar co home que ama.

 

Cartel da obra de teatro.

Artigos relacionados

Back to top button