CulturaCulturaÚltima hora

O grupo folk Kéltikos abre este xoves o ciclo ‘Terraceo de Verán’ na Pobra de Trives

Actuará a partir das 22 horas praza Doutor Paz

 

A treboada impedía a Pablo Balseiro abrir o pasado xoves o ‘Terraceo de Verán’ na Pobra de Trives, por iso será mañá, xoves día 21 de xullo cando se inaugure o ciclo de música ao vivo a partir das 22h.

Actuará na praza que comparten A Cantina do Catro e a Cervecería Boliche, o grupo de música folk Kéltikos, formación creada no 2019 en Ourense que interpreta temas da tradición celta, pero tamén galega, irlandesa, escocesa e bretona. Tradición cun toque moderno que os identifica.

A banda está formada por tres membros: Santiago Mera, ás percusións (bodrham, batería e caixón), Manuel Souto, que toca whistles e uillean pipe (frautas e gaita irlandesas), e Alfonso Díaz, á guitarra e bouzouki irlandés. Santiago, formado con Fernando Risco na escola de música de Ourense e no Conservatorio da mesma cidade, percorreu medio mundo con bandas de gaitas, pertenceu a varios grupos de folk e actualmente é o director da Banda de Gaitas Os Trintas de Trives; Manuel Souto formouse como gaiteiro na coral Ruada e colaborou con artistas folk, co gran mérito de aprender a tocar a gaita irlandesa de xeito autodidacta; Alfonso, guitarrista de formación, leva dende os 80 tocando en grupos folk achegándose ao bouzouki irlandés da man de Fernando Barroso.

Artigos relacionados

Back to top button