OurenseÚltima hora

O grupo folk Os Minhotos tocarán en Ourense e Vilar de Santos esta fin de semana

Os Minhotos.

O grupo Os Minhotos fará unha “mini-xira” por terras ourensás esta fin de semana. O primeiro dos concertos será este venres, 2 de xuño, dentro do da 13º Edición do Venrespirar (Festa Tradicional Itinerante) que terá lugar na Ponte Vella de Ourense. As actividades do comenzarán ás 20:00 horas e están dedicadas aos máis cativos dentro do e, a partir das 22:00 horas será o concerto de Os Minhotos e tamén haberá unha foliada.

O sábado, 3 de xuño, a cita será na Arca de Noe, no concello de Vilar de Santos, a partir das 22:00 horas. O grupo interpretará novos temas e parte do repertorio do seu traballo discográfico “Pinga d’auga”. Neste concerto tamén presentarán a nova incorporación do grupo, a gaiteira Carme López que, ademais de tocar a gaita e a requinta, é interprete vocal e percusionista.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button