PolíticaÚltima hora

O grupo socialista critica “a falta de políticas da Xunta en materia de vivenda”

O parlamentario socialista Eduardo Ojea.

 

O parlamentario socialista Eduardo Ojea denunciou “a falta de políticas da Xunta en materia de vivenda nos seus 13 anos de goberno” e criticou que “o executivo só actúe neste campo cando recibe fondos do Estado e deixe sen executar a maior parte do seu orzamento”.

Eduardo Ojea preguntoulle á Conselleira de Vivenda sobre as medidas da Xunta neste campo, ” ante o evidente problema de acceso á vivenda que sofre a cidadanía galega, con especial atención aos máis vulnerables e á mocidade. Incidiu na importancia da acción do executivo galego ao ter gran parte das competencias nesta área e non dar resposta a unha reclamación cada vez maior por distintos colectivos sociais”.

O responsable da área de vivenda do grupo socialista recordou algúns dos titulares que hai nos distintos xornais sobre a acción do goberno galego nesta ámbito, dos que se resaltan datos como a suba do 20% do alugueiro nos últimos 5 anos ou a suba en total dun 30% dende o 2014. Coa cifra de que 3 de cada 4 galegos teñen dificultades para chegar a fin de mes, Ojea asegurou que “a política de vivenda da Xunta nestes 13 anos é un claro fracaso”.

Subliñou a importancia das axudas do goberno central a través do Plan Estatal de Vivenda que “ofrece os únicos fondos cos que a Xunta move ficha”, xa que non hai modo algún de que aporte fondos propios, a pesar de que se “vanglorien dun gran orzamento para esta partida ano tras ano”, xa que finalmente non o executan, polo que “non vale de nada”.

Ante isto, Ojea reclamou á Conselleira que “actúen”, que non vaian sempre “tarde mal e arrastro, a remolque da aposta en materia de vivenda do goberno central” e que “executen os fondos do estado e complementen as axudas ao alugueiro”, concluíu.

Artigos relacionados

Back to top button