Neste de 3 de febreiro o Hospital Público de Valdeorras ten 8 ingresos por coronavirus, o que supón un máis que os rexistrados onte, segundo os datos da Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte).
Tamén se produce un leve incremento no conxunto da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco na que se contabilizan 100 ingresos por Covid (dos cales 4 están na Unidade de Coidados Intensivos e o resto en planta), o que supón 6 ingresos máis que onte.
Datos por hospitais da provincia de Ourense
