En portadaÚltima hora

O Hospital de Valdeorras ten 19 pacientes con coronavirus ingresados

Na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco hai un total de 1.166 casos activos e téñense rexistrado 187 altas e 77 falecementos, segundo Sanidade

Publicidade
Hospital de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dos 1.166 casos activos hoxe na Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, un total de 986 permanecen a seguemento a domicilio, 157 están ingresados en planta, e 23 en UCI, segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade, que non dá cifras de positivos por concellos.

No Hospital de Valdeorras rexístrase un ingreso máis en planta que onte, sendo agora 19 os pacientes ingresados con Covid-19 neste centro barquense. No Hospital de Verín hai 6 ingresos en planta e no Hospital Universitario de Ourense hai 131 ingresos en planta e 22 en UCI. Ademais hai dous pacientes hospitalizados no CO.SA.GA, un en planta e outro en UCI. Os 23 pacientes ingresados na UCI de prognóstico grave.

O total de casos rexistrados na provincia ascenden a 1.430, con 187 altas e 77 falecementos (entre residencias é hospitais).

Os positivos nos centros da terceira idade da provincia

Os positivos por coronavirus entre os usuarios de residencias de terceira idade da provincia de Ourense ascenden a 322 (28 máis que onte), segundo a última actualización de datos feita púlbica pola Consellería de Sanidade. O número de casos por centro é o seguinte: 61 en Ntra. Sra. de Fátima (O Barco de Valdeorras), 16 na Res. Castro Caldelas, 39 en San Carlos (Celanova), 1 na Res. Chandrexa, 1 na Res. Avoíños (Coles), 1 na Res. Quercus (Leiro), 1 na Res. Val Monterrei, 1 na Res. Nogueira, 33 na Res. S. José Hermanitas, 101 en Ntra. Sra. de La Esperanza, San Rosendo (Ourense); 34 na Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense); 29 na Res. Galisenior (Ourense), 1 na Res. DomusVi Ourense, 1 na Res. DomusVi Pereiro (Pereiro de Aguiar); 1 na Residencia Os Gozos (Pereiro de Aguiar) e 1 na Res. Ramirás (Ramirás).

No que se refire aos traballadores destes centros infectados por coronavirus son un total de 124 (9 máis que onte). A situación por residencia é a seguinte: 1 na Residencia Alvetus (Avión), 2 na Res.DomusVi Barbadás, 18 en Nosa Señora de Fátima (O Barco), 8 na Res. Castro Caldelas, 18 en San Carlos (Celanova), 11 na Res. San José, Hermanitas (Ourense), 35 en Ntra. Sra. de La Esperanza, San Rosendo (Ourense); 19 na Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense); 7 na Residencia Galisénior (Ourense); 4 na Residencia Os Gozos (Pereiro de Aguiar) e 1 na Residencia Maiores A Porqueira.

5.939 casos activos de Covid-19 en Galicia

O número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.939, deles 1.252 son da área da Coruña, 591 da de Lugo, 1.166 da de Ourense, 501 da de Pontevedra, 1.090 da área de Vigo, 1.001 da de Santiago, e 338 da de Ferrol, segundo Sanidade.

Do total de pacientes positivos, 136 permanecen en UCI, 735 están en unidades de hospitalización e 5.068 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.186 altas de pacientes e 369 falecementos.

O número de porbas PCR realizadas é de 46.110.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button