
Despois de semanas sen hospitalizacións por Covid-19, o Hospital Público de Valdeorras (o 10 de xuño quedaba libre de Covid), no Barco, rexistra un ingreso en planta por coronavirus, tal e como informa a Consellería de Sanidade (datos actualizados ás 18h. do 21 de xullo).
Deste xeito, todos os hospitais públicos da provincia teñen ingresos Covid. Ademais de 1 ingreso no do Barco, hai un ingreso no Hospital de Verín en planta e 36 no Hospital de Ourense (1 deles en UCI). Tamén a Clínica Santa Teresa ten 1 ingreso por coronavirus en planta.
En total son 38 as hospitalizacións por Covid na provincia de Ourense.
