SanidadeÚltima hora

O Hospital Público de Valdeorras, un dos puntos para facer test con acceso libre e de maneira gratuíta

O Sergas habilitou 32 espazos en toda Galicia, tres deles en Ourense, para realizar probas diagnósticas de Covid

 

A Consellería de Sanidade vén de habilitar 32 espazos en toda Galicia para que aqueles que o desexen poidan realizarse probas diagnósticas do Covid con acceso libre e de maneira gratuíta. No caso concreto da área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, haberá tres espazos habilitados para este fin e que alternarán con cribados itinerantes. Estes últimos requiren autocita e terán lugar en distintas localidades da provincia.

Os puntos nos que se farán test gratuítos son:

Casa da Xuventude de Ourense: de luns a venres de 8:30 a 14  dee 15:30 a 21 horas.
Hospital Público de Verín (Auto-covid): de luns a venres de 15 a 21 horas.
Hospital Público do Barco de Valdeorras (área de rehabilitación): de luns a venrs de 15 a 21 horas.

Cribados

Con respecto aos cribados itinerantes que se realizarán con autocita ao longo da provincia, mañá, martes 11 de xaneiro, de 15:30 a 20:30 horas, faranse en Ribadavia (Pavillón Polideportivo O Consello); Celanova (Auditorio Municipal Ilduara; O Cercado); Coles (Casa do Concello) e A Pobra de Trives (Auditorio Julio Vázquez).

 

 

Artigos relacionados

Back to top button