SanidadeÚltima hora

O hospital valdeorrés estrea consulta de educación diabética

Está atendida por unha enfermeira formada en endocrinoloxía e educación diabetolóxica

hcv

Buscando mellorar a formación dos pacientes diabéticos o Hospital Comarcal de Valdeorras vén de abrir unha nova consulta de Educación Diabetolóxica. A través dela preténdese ofertaro información individualizada e de grupo sobre autocoidados, tratamentos, controis de glucemia, alimentación e prevención dos factores de risco de complicacións derivadas desta enfermidade crónica.

A nova consulta, que está atendida por unha enfermeira formada en endocrinoloxía e educación diabetolóxica, “vén a complementar as consultas de Endocrinoloxía, que desde hai uns anos se ofertan directamente no centro barquense, polo que desde agora os pacientes valdeorreses tampouco terán que desprazarse a Ourense para recibir formación”, segundo se informa dende a Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco.

Tamén se incide na importancia de formar axeitadamente na formación dos enfermos de diabete, “xa que súa implicación no control da súa enfermidade, seu autocoidado, é parte esencial no mantemento da súa saúde, especialmente, tendo en conta que a diabete é unha enfermidade crónica, que conleva toda unha serie de modificacións na vida cotiá dos pacientes, derivados da periodicidade dos tratamentos, utilicen ou non insulina, cambios na alimentación e hábitos de vida, por todo elo, é clave que entendan a enfermidade e saiban como tratala”, sinálase dende o Sergas.

En xeral, a nova consulta do Hospital Comarcal Valdeorras tentará involucrar aos pacientes nos seus coidados e favorecer súa autonomía mediante o autocontrol, así como promover hábitos saudables como a dieta, control do peso e exercicio físico.

Artigos relacionados

Back to top button