ConcellosManzanedaÚltima hora

O I Festival da Comedia de Manzaneda, no número de xullo do Periódico O Sil

Publicidade
Portada do especial festas de xullo do Periódico O Sil en papel.

 

Da man de La Ruina Producciones nace Manzaneda Comedy, un selo para ofrecer espectáculos de humor nesta localidade que presenta o I Festival da Comedia. Un espectáculo de humor e música que se celebrará o sábado 30 de xullo no polideportivo municipal de Manzaneda vila coa presenza de tres artistas de primeiro nivel: Dani Fontecha o Sr. Rogelio de El Hormiguero; Duarte Galbán da TVG; e Xosé Touriñán. O apartado musical correrá a cargo de El Pacto Rock Band, músicos profesionais como Javier Alzola saxofonista da banda Fito Fitopaldis.

O programa comezará en torno ás 12:30 horas coa apertura de portas e posterior actuación de Airiños da Porta Falsa. Ás 14 horas haberá un gran xantar popular, con menú adulto e infantil; e xa pola tarde, en torno ás 18 horas actuarán os monologuistas, rematando o evento coa actuación de El Pacto Rock Band e, xa de madrugada, de DJ Cabra.

O festival ten tres tipos de entradas anticipadas: comida + actuacións (35 euros), só as actuacións (20 euros) e nenos menores de 12 anos (8 euros). As entradas online poden mercarse en  https://bcleverapp.com/eventos/ourense/manzaneda-comedy. As entradas na xanela custarán 25 euros e serán só para as actuacións. Poderán mercarse nos seguintes puntos de venda: Bar Nevada, O Pendón e Hotel Estación de Montaña, en Manzaneda; Quintela e Sky, na Pobra de Trives; A Nosa Xente, en Castro Caldelas; Ton y Son e Despiste Café, no Barco de Valdeorras; A Cervecería, na Rúa; Restaurante A Nosa Casa, en Viana do Bolo; e Supermercado Itas, en San Xoán de Río.

Máis información na edición en papel do mes de xullo do Periódico O Sil.

 

Artigos relacionados

Back to top button