CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O IES Carlos Casares de Viana participa este curso no proxecto cooperativo “Aprendo programando”

 

Este curso que entrou xa na recta final, o IES Carlos Casares de Viana do Bolo participa nun interesante proxecto cooperativo, o programa “Aprendo programando” do Plan Proxecta da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional centrado no tema dos glaciares.

Tal como explican dende o instituto, na xornada deste martes 13 de maio comezaba a fase de elaboración de proxecto final para o alumnado do 1⁰ ciclo da ESO. “Este alumnado, xunto ao de FPB, traballou este ano o tema dende os diferentes puntos de vista das diferentes materias e agora elaboran un proxecto propio, ben unha presentación ou videoxogo, inspirado nas aprendizaxes e competencias adquiridas”, explican, puntualizando que a linguaxe de programación por bloques usada é Scratch.

Neste proxecto interdisciplinar participan catro niveis educativos completos e dezaoito docentes de todas as materias que se foros sumando ao longo do ano, de feito “os aportes nas linguas, a xeografía, o proxecto competencial, a bioloxía, as artes, a informática, as matemáticas, as áreas de apoio ou a tecnoloxía serán claves no desenvolvemento de proxectos globais e sostibles, en definitiva exitosos”, aseguran moi satisfeitos coa implicación. “Comezamos tres profesores que o facemos cada ano e pouco a pouco fóronse sumando máis e estamos moi contentos co resultado porque tamén hai moito alumnado implicado. Este ano foi como un reto poder afrontalo porque está case todo o claustro metido”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button