CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O IES Cosme López Rodríguez da Rúa gradúa aos alumnos de 2º de Bacharelato

 

Dous días despois de acoller a presentación da guía didáctica sobre Florencio Delgado Gurriarán, o IES Cosme López Rodríguez da Rúa volvía celebrar un acto significativo, desta volta cos alumnos de 2º de Bacharelato como protagonistas.

Na tarde do mércores 18 de maio, o mesmo salón que acollera a presentación enchíase de alumnos e familiares para celebrar a graduación dos maiores do instituto, un total de 26 estudantes, que rematan este ano os estudos no centro, nun acto emotivo á par que alegre.

 

Pablo Sanz acadou Matrícula de Honra.

 

O acto estivo conducido por Cutús Fernández Maseda, titora de 2º BAC, que preparou con esmero o material audiovisual proxectado e a música; e incluíu varios discursos: Carina Rodríguez (nai), falou en representación das familias; Pilar Dorrío e Elías Esmerodes (alumnos) en representación do alumnado. Tamén interviu en representación do profesorado Víctor Manuel Porto López, profesor e titor de moitos dos alumnos de 2º BAC cando entraron no instituto en 1º da ESO. O outro titor de moitos destes alumnos en 1º da ESO foi José Luis Rodríguez, prexubilado o curso pasado polo que non estivo no acto.

Como vén sendo hablitual, dada a elegancia dos asistentes, unha vez finalizado o acto, alumnos, familias e profesores, fixeron as fotos no exterior do centro. Despois os alumnos, acompañados dun grupo de profesores, saían a cear para celebralo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button