CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

O IES Lauro Olmo do Barco despide aos alumnos de 2º de Bacharelato cun multitudinario acto

Publicidade
A festa de graduación tiña lugar no Salón de Actos do instituto na tarde do 24 de maio

Vestidos de gala, elegantes, nerviosos e contentos. Así estaban os 58 alumnos de 2º de Bacharelato que na tarde do 24 de febreiro celebraban a festa de graduación.

Foi un acto multitudinario celebrado no Salón de Actos do instituto, no que se reuniron os estudantes, profesores e familiares. Houbo discursos (da directora Amparo Quiroga, dos pais, dos delegados de ambos cursos,…), actuacións musicais, proxeccións de fotos e vídeos, moitas lembranzas, anécdotas e agradecementos e por suposto a entrega de diplomas e orlas a cada un dos estudantes que este ano deixan o centro barquense.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button