En portadaÚltima horaVídeos

O IES Lauro Olmo do Barco, Premio á ponencia co enfoque máis innovador no ‘Congreso de Jóvenes Expertos’ en Ponferrada

O alumnado do Club de Ciencias do instituto baquense presentaba dúa ponencias

 

No mediodía deste venres 16 de febreiro finalizaba a 5ª edición do ‘Congreso de Jóvenes Expertos’ no Campus de Ponferrada, na que se presentaron 23 comunicacións de 40 relatores procedentes de cinco centros, un de Benavente, dous de Ponferrada, un do Barco de Valdeorras e outro de Ourense.

 

 

Este ano a temática do congreso centrábase no “Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 5 (ODS 5): Igualdade de xénero” proposto pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas e tal como avanzan dende o centro barquense, as dúas comunicacións presentadas polo alumnado do Club de Ciencias do IES Lauro Olmo do Barco: XY NO INCLUYE XX. Salud e inequidad de género e Sola en mi nube voy. Sesgos de género en asistentes virtuales y chatbots, eran seleccionadas polo comité técnico para participar no congreso, sendo esta última, defendida por Carolina Rodríguez e Jessica Herrero, galardoada co Premio á ponencia máis innovadora.

 

 

A 5ª edición deste ‘Congreso de Jóvenes Expertos’ foi organizada por La Fábrica de Luz. Museo de la Energía, la Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN), a Universidade de León e o Centro Asociado UNED Ponferrada.

 

 

Fotos cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button