Entre o 10 e o 27 deste mes de marzo se desenvolverán as Xornadas de Empresa e Formación Profesional que o IES Lauro Olmo do Barco vén de poñer en marcha. O acto inaugural, presentado por Amparo Quiroga (directora do instituto), tiña lugar na mañá deste luns coa participación de Araceli Fernández (presidenta de AEVA) para todos os ciclos formativos.
A partires de aí, xa específicas para cada ciclo, sucederanse as charlas sobre o ámbito sanitario, novas tecnoloxías, electricidade ou automoción, pechando o ciclo a visita a FP Innova 2025, Congreso de Innovación na Formación Profesional organizado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que terá lugar na Cidade da Cultura de Galicia. “Constitúe un referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, na transferencia de coñecemento e na capacidade de emprender na que está imnersa a Formación Profesional de Galicia”, aseguran dende o Lauro Olmo.
Na xornada inaugural tiña lugar unha charla sobre Formación con L’Oreal impartida por Elsa Pereira e enmarcado dentro do programa Aulas de Emprendemento (no Taller de Peiteado) para 1º FPB Peiteado e Estética e 2ºCM Peiteado e Cosmética Capilar; outra sobre Confidencialidade de datos no ámbito hospitalario por Patricia Fernández Gallardo e Serafina Castro Fernández, para o alumnado do Ciclo TCAE); e unha sobre Coidados ao final da vida por María Victoria Núñez Fernández (presidenta de Cruz Vermella Valdeorras), para o alumnado do Ciclo TCAE e Ciclo APSD.
Mañá, martes 11 de marzo haberá outras dúas charlas-coloquio: unha sobre Infraestructuras ICT para as novas tecnoloxías por Manuel Parajua (Técnico Comercial TELEVES) para o Ciclo Electricidade; e outra sobre Prevención das infeccións no entorno sanitario por María Asunción Álvarez Dacal para o Ciclo TCAE.
Fotos cedidas.