CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

O IES Martaguisela do Barco vístese de gala para despedir aos alumnos de 2º de Bacharelato

O acto de graduación tiña lugar na tarde do 24 de maio no salón de actos do centro barquense

Moi intensa foi hoxe, a actividade extraescolar do IES Martaguisela do Barco de Valdeorras. Pola mañá os alumnos de 1º e 3º da ESO participaban nun encontro literario coa escritora viguesa Ledicia Costa e, pola tarde os alumnos de 2º de Bacharelato despedíanse do centro nun espectacular acto de graduación.

Vestidos de gala, alumnos, profesores, familiares e amigos enchían na tarde do 24 de maio o salón de actos do instituto. E ao longo de case dúas horas sucedéronse as intervencións e os actos protocolarios. Fernando Alonso falou en representación dos profesores; interviñeron os delegados de cada clase; houbo actuación musical; e tamén a proxección de imaxes como resumo do paso dos graduados polo centro,… E despois chegaba o acto central, a entrega de diplomas e bandas a cada un dos 46 alumnos, por parte dos seus titores: Manuel Agra e Milagros Lago, que recibían sendos ramos de flores como agasallo.

A encargada de clausurar o acto foi a directora, Carmen Gamarra quen, de forma breve, felicitaba aos graduados desexándolles sorte na nova etapa que comezan, asegurándolles que as portas do instituto sempre estarán abertas.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button