Aproveitando a visita que facía á Rúa para presentar o ciclo de concertos ‘BeiraRúa’ que se está a desenvolver, o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé M. Merelles, mantiña un cordial encontro con directivos do Instituto de Estudos Valdeorreses no que o presidente Aurelio Blanco lle entregaba un dossier “cunha trintena de iniciativas relacionadas coa promoción do turismo de Valdeorras, solicitando a colaboración da Axencia en actos programados para a celebración do 45º aniversario da fundación do IEV”.
Tal como asegura Blanco Trincado, “Merelles foi moi receptivo e demostrou ser coñecedor do labor do Instituto desde a súa época como periodista en medios de comunicación local”, di, valorando como “moi positivo este encuentro coa seguridade de que imos contar co apoio da Axencia de Turismo de Galicia nalguna das iniciativas plantexadas”.
O presidente do IEV tamén avanza, moi agradecido, as importantes donacións de libros e revistas científicas recibidas recentemente, entre elas “unha de fillos de Julio Gurriarán e outra dos de José Rodríguez Cruz (Pepe practicante)”.