EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O IEV entrega os premios do concurso de ideas de exaltación do Godello de Valdeorras

O primeiro premio é para Tino Fernández, o segundo para Álvaro Rodríguez (Purre), o terceiro para Ernesto Martínez e o cuarto para Manuel Juan Otero

 

Tino Fernández Aristegui polo seu cartel dunha “Moeda cun romano brindando con godello”; Álvaro Rodríguez (Purre) polo seu “Rei brindando con copa godello”; Ernesto Martínez Álvarez pola súa lenda (sen debuxo) “Godello de Valdeorras, isto e outra cousa!” = “Godello de Valdeorras: a uva máis a terra, ou non che saberá igual”; e Manuel Juan Otero Pérez por dúas composicións relativas ao godello.

 

 

Son, por ese orde, os premiados do concurso de ideas de exhaltación do Godello de Valdeorras convocado polo IEV e pola Serenísima Orde do Godello, que na tarde deste venres 29 de novembro recollían os galardóns (feitos en madeira autóctona por Artesanía Enxebre de Valdeorras) nun acto celebrado no Salón de Actos da Casa Grande de Viloira.

 

O premio elaborado por Artesanía Enxebre de Valdeorras.

 

O acto comezaba coa presentación por parte do presidente do IEV, Aurelio Blanco Trincado, que daba unha breve charla sobre “Os viños de Valdeorras nas exposicións universais de Barcelona (1889) e París (1890), “o márketing no sector vitivinícola” e as “propiedades curativas do viño”.

 

Tino Fernández Aristegui, gañador do 1º premio.

 

De seguido procedíase á entrega de trofeos aos que unicamente acudían o primeiro e o cuarto, Tino Fernández e Manuel Juan Otero. O segundo (Álvaro Rodríguez) recollíano uns amigos. Beni Carracedo recollía un accésit.

 

Mostra de etiquetas e artigos.

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button