CulturaCulturaÚltima hora

O IEV organiza visitas guiadas á exposición de cornamusas primitivas para escolares de Valdeorras

A mostra estará na Casa Grande de Viloira ( O Barco) ata o 31 de decembro

 

Co obxectivo de facilitar a visita a nenos e xoves, o Instituto de Estudos Valdeorreses está facendo visitas guiadas para alumnos dos colexios e institutos de Valdeorras, á exposición de gaitas e cornamusas do Museo Internacional de Gaitas de Ourense, “un dos máis importantes do mundo no seu xénero”, asegura o presidente do IEV, Aurelio Blanco Trincado. As visitas, con duración de 30 minutos, están limitadas a 10 alumnos máis profesores e serán conducidas por membros do Instituto.

A exposición consta dunha selección de 20 pezas e cada unha das vitrinas leva un código QR coas características da peza e un fragmento dunha composición musical interpretado con cada instrumento.

 

Unha das gaitas da exposición./ Foto cedida.

 

O horario de visitas da exposición é de luns a venres, de 9 a 14 e de 16 a 20 horas; e os sábados, de 10 a 14 horas. “Para os que vaian pola sua conta é aconsellable que leven o móbil para ir percorrendo a exposición coa información dos códigos QR”, adianta o presidente do IEV, puntualizando que as visitas guiadas para estudantes dos centros de Valdeorrras serán de 9:30 a 12:30 horas, de luns a venres.

“O pasado xoves xa visitaron a exposición 2 grupos do colexio Otero Pedrayo, de Viloira, e hai solicitadas visitas para outros 8 grupos máis”, adianta Aurelio Blanco.

 

Artigos relacionados

Back to top button