CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O II Silfest vai collendo forma na praia fluvial do Barco

O festival á beira do Sil arranca mañá, venres 19 de agosto coa “batalla de poetas” e o concerto de The Lákazans

Pouco a pouco, o paseo do Malecón do Barco, o espazo á beira do río Sil no que se desenvolverá a segunda edición do Silfest, vai collendo forma para acoller as diferentes actividades (musicais, gastronómicas e de tecer) que se desenvolverán entre o venres 19 de agosto e o domingo 21.

O festival multicultural arranca mañá, venres 19 de agosto, cunha batalla de poetas “Proetry Slam Silfest” no que reivindicarán a figura do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán de cara ao Día das Letras Galegas, prevista para o venres 19 de agosto ás 20:30h. Ás 22:30 horas poxectarase o filme “Begin Again” que pecha o ciclo de “Cine ao aire libre” e abre a “Semana de Cine” do Cine Club Groucho Marx e a partires das 00:30 horas subirase ao escenario o grupo The Lákazans.

Coa praia fluvial como marco incomparable, o festival ofrece un sinfín de posibilidades para todos os públicos, dende un mercadiño con postos de artesanía e roupa vintage, ou obradoiros infantís (sábado ás 11:30 e ás 17 horas e domingo ás 12 horas) ata a cata de viños prevista para o sábado ás 12 horas.

Con respecto ao apartado musical o grupo local de versións Los Íñigos, repite actuación na sesión vermú do sábado (13:30h.). A sesión de noite a partires das 20:15 horas, abriraa o grupo local Big Crunch! e tamén estarán Presumido, Maryland, The Morgans (El Bierzo) e Correos (San Sebastián). O domingo, para pechar, estará Cora Sayers (Pontevedra) que actuará en torno á 13:30h.

Artigos relacionados

Back to top button