Tal e como estaba previsto e quedando fóra xente interesada en asistir por falta de espazo, un total de 20 tripletas (60 persoas) chegadas dende A Coruña, Bandeira, Vigo, Ponferrada, Fabero, Lugo e Valdeorras, participaban na II edición do Torneo de Petanca das Festas de Santa Rita no Barco organizado polo Club Petanca Valdeorras.
Dende as nove e media da mañá e ata pasadas as sete da tarde deste sábado 20 de maio (con parada para xantar) sucedíanse as partidas nas pistas do Chao, chegando á final as dúas tripletas de Breogán: o equipo B proclamábase campión do torneo, sendo subcampión o equipo A.



Con respecto ao premios de consolación o equipo Petanca Estrela 10 levaba o primeiro e o equipo Coruña A segundo.
Os trofeos (xamóns, paletas, embutidos,…) eran entregados polo concelleiro de Deportes do Barco Aurentino Alonso. Ademais, todos os participantes recibían un agasallo por asistir.

Fotos: Mónica G. Bellver.