Na tarde do venres 20 de decembro, antes das vacacións de Nadal, celebrábase o II II Toneo de Nadal Divina Futsa, un campionato de fútbol sala para os máis peques da casa, biberóns (4-5anos) e prebenxamíns (6-7 anos) onde o convidado sorpresa é como non Papa Noel. “Enchendo as bancadas do polideportivo do colexio Divina Pastora, os familiares tiveron a oportunidade de gozar en directo da alegría e emoción que transmiten estes pequenos nos seus primeiros pasitos no deporte do fútbol sala”, asegura o coordinador do torneo André Faria.
Esta é a súa segunda edición do torno que pasou de 4 a 8 equipos participantes incluíndo unha terceira categoría pola propia demanda de familias e nenos (benxamíns de 8-9 anos). Os equipos participantes pertencían ao CD Barco, EM De Viana do Bolo e ao Colexio Divina Pastora. Cada neno disputou varios partidos sen marcador na modalidade de todos contra todos, sen eliminatorias. Ao final do evento todos eles da man de Papá Noel foron agraciados cunha medalla de chocolate doada por André Faria xerente e fundador de AF Training STUDIO. Tamén houbo moitos sorteos e caramelos.

“Cun pouco de esfoerzo poderiamos facer algo moi importante para o deporte infantil valdeorrés”, di Faria, lembrando que na súa etapa como director deportivo na Comarca do Condado foi o representante da subdelegación de Vigo para esa zona. “Naquel momento dispoñiamos de axuda tanto de federación como de colexio de árbitros para crear unha liga paralela á de Vigo, evitando que os nenos tan pequenos tivesen que viaxar a Vigo. Son proxectos similares e sei que se poden crear tamén aquí. Concello, federación e clubs deberían sentarse a falar”, di, agradecendo ás familias asistentes ao torneo por “esforzarse polos seus nenos nestes eventos”.
Fotos e vídeo cedidos.



