OurenseÚltima hora

O III Congreso Internacional de Turismo Deportivo analiza en Expourense o deporte como dinamizador turístico e económico

700 escolares de 15 colexios da contornade Ourense participaron hoxe nas actividades propostas por Sportur Galicia, V Salón do Deporte e Turismo Activo

Publicidade

 

Expourense analiza o papel que xoga o deporte como elemento transversal que contribúe á dinamización económica, á motivación turística sustentable e á promoción de hábitos saudables. O recinto feiral de Ourense inaugurou hoxe o III Congreso Internacional de Turismo Deportivo e tamén o V Salón do Deporte e Turismo Activo, Sportur Galicia, dúas citas complementarias, unha teórica e oytra práctica, que promocionan Galicia como un destino atractivo e competitivo para o turismo deportivo. Estes dous eventos abriron as portas esta mañá rexistrando un alto índice de participantes, xa que o congreso foi seguido por 250 asistentes presenciais (e outros tantos o están seguindo en liña) e nas actividades de Sportur Galicia participaron 700 escolares de Educación primaria procedentes de 15 centros escolares de Ourense cidade e da súa área metropolitana.

O III Congreso Internacional de Turismo Deportivo arrincou esta mañá en Expourense. Conta coa participación de 21 expertos e está a ser seguido por máis de 500 inscritos que asisten de xeito presencial dende Expourense ou de xeito virtual dende distintas partes da Península Ibérica ou de América Latina. De xeito presencial, participaron na xornada de hoxe alumnos de Formación Profesional de ciclos formativos vencellados co deporte ou o turismo de centros de Ourense, Ferrol, Coruña, Poio, Santiago, Gondomar e Melgaço.

O acto de apertura estivo presidido polo secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, que estivo acompañado polo vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández; polo tenente alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea; polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, e polo director xerente de Expourense, Rogelio Martínez.

 

 

Durante a súa intervención, o secretario xeral para o Deporte lembrou que este congreso “naceu no ano 2019 prepandemia como un congreso ibérico e, grazas ao traballo das entidades turísticas e deportivas de España e Portugal, converteuse no congreso internacional que temos hoxe ante nós e que engloba a moitas outras realidades territoriais”. Lete Lasa destacou a importancia de que este congreso teña lugar no contexto do Salón do Deporte e do Turismo Activo ‘Sportur Galicia’, ideado en 2017, pola íntima relación entre turismo e deporte. Deste xeito, enxalzou a Galicia como referente en ambos os dous eidos.

Neste sentido destacou a importancia da compatibilidade de usos deportivos e expositivos de recintos como Expourense, coa mellor pista cuberta de atletismo de España e unha das mellores de Europa; do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, co rocódromo ou do IFEVI de Vigo, co novo módulo de atletismo. Ademais, fixo referencia á creación do Clúster da Industria e do Deporte e do Benestar de Galicia en 2021 e o traballo co Instituto Galego de Estatística para ser a primeria comunidade en contar cunha conta satélite dun deporte que representa o o 2,5% do PIB de Galicia cun volume anual de negocio que rolda os 1.600 millóns e que e que xera ao redor de 12.000 postos de traballo en 2.000 empresas.

O III Congreso Internacional de Turismo Deportivo está a analizar o potencial e a influencia do deporte na oferta turística dun destino. O deporte está entre as tres principais motivacións dos turistas estranxeiros que visitan España o que é, sen dúbida, unha oportunidade para a diferenciación dos destinos e para o seu desenvolvemento económico.

 

 

Entre as ponencias desta primeira xornada destacou a impartida polo Director de Competición da Real Federación Española de Atletismo, Luis Saladie, que falou do impacto económico dos Campionatos de España de Atletismo nas ciudades onde se celebran. Na súa ponencia, Saladie puxo como exemplo o último Campionato de España Absoluto de Atletismo que se celebrou precisamente en Expourense o pasado mes de febreiro e falou do impacto económico e mediático que tivo na cidade de Ourense, na provincia e en Galicia a celebración desta competición. Falou de conceptos como a creación dunha imaxe de marca da cidade positiva e innovadora ao acoller un evento que vencella deporte, culrua, saúde e xuventude, dos ingresos na economía local e da promoción da cidade ante as retransmisións en directo da televisión estatal. Tamén fixo referencia a que este tipo de campionatos serven como catalizadores para a mellora das insfraestrturas deportivas e do equipamento da cidade así como tamén da súa contorna natural. Este Congreso está a contribuir ademais a posicionar á pista de atletismo cuberta instalada en Expourense como unha das mellores de Europa.

A sostibilidade foi un dos fíos condutores desta primeira xornada do congreso xa que o turismo deportivo adoita practicarse en paraxes naturais. Hoxe falouse do impacto nos Xeoparques Mundiais da UNESCO expoñendo o exemplo do Xeoparque Cultural do Maestrazgo, ubicado na provincia de Teruel, ou o do Parc Olímpic del Segre, na de Lleida. Desde a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia tamén se falou da práctica deportiva en contornas naturais protexidas e da compatibilidade entre natureza, deporte, turismo e conservación.

Outros dos temas a abordar foron os Fondos Next Generation en turismo deportivo e os Plans de sustentabilidade turística en destino, a Innovación en Turismo Deportivo, ou das actividades de turismo activo como elemento tractor de turismo dun destino presentando os casos de éxito do Pena Park Aventura de Ribeira da Pena Portugal ou da Tirolina das Minas da Pontenova (Lugo).

 

 

Sportur Galicia

Os escolares que acudieron a Sportur Galicia pudieron participar activamente nas máis de 70 opcións que ofrece o programa de Sportur Galicia e tamén participaron na campaña “Xogando ó Atletismo” promovida dende a Secretaría Xeral para o Deporte e coincidindo coa instalación da pista de atletismo cuberta instalada no recinto. Estes escolares comenzaron a xornada cunha sesión de quecemento e un “flasmob” organizado polo alumnado o CIFP A Farixa que está a colaborar con Expourense na organización destas actividades para nenos e nenas. Estes rapaces tiveron tamén a oportunidade de sacarse fotografías e pedirlle autógrafos aos xogadores do COB que visitaron o salón. Aos 700 escolares desta mañá, hai que sumar os participantes das actividades que terán lugar esta tarde e que mobilizarán tamén a varios centos de persoas xa que se celebrarán varias exhibicións de clubes deportivos como é o caso do wushu, o Karate ou a ximnasia rítmica.

Sportur Galicia, V Salón do Deporte e Turismo Activo convocou a medio cento de participantes entre os que destacan as federacións e clubes deportivos de Galicia que comparten espazo con destinos de turismo activo e vencellados coa natureza de Galicia e Portugal. Trátase dun evento destinado a todos os públicos (deportistas, afeccionados ou principiantes de todas as idades, ademais das familias) para que poidan coñecer as opcións vencelladas co turismo activo e o deporte que ofrecen os expositores. Tamén se converte nun bo escaparate para as federacións deportivas de toda a comunidade, xa que máis da metade dos expositores son clubes e asociacións de distintos deportes que aproveitarán a súa presenza en Sportur para promocionarse organizando distintas exhibicións, adestramentos e clases abertas para os visitantes.

As federacións e asociacións e clubes deportivos presentes en Sportur Galicia están realizando distintas actividades. Os deportes que están representados nesta cita son: ciclismo; escalada en rocódromo; atletismo; halterofilia; ximnasia rítmica; voleibol adaptado; tai-chi: wushu; deportes náuticos (piragüismo, remo e canoa); pitch and putt; esgrima antiga; xadrez; bádminton; balonmán; karate; hockey; etc. Pola súa parte, RunManiak organiza adestramentos técnicos de distintas carreiras nos que participará o atleta ourensán Alex Fernández, gañador de 6 edicións da Carreira de San Martiño.

 

Artigos relacionados

Back to top button