CulturaCulturaÚltima hora

O III Ponte Farruca, o 17 de agosto en Laza

Inclúe unha chea de propostas que van dende unha feira de artesanía e agrícola ata unha tractorada, cine ou un xantar popular

 

Cita coa música, a artesanía, o baile e o cine, entre outras propostas na terceira edición do Ponte Farruca, que se celebrará en Lanza o vindeiro 17 de agosto. Destaca a aposta musical coa presenza de nomes coñecidos como MOndra, De ninghures e Monoulious DOP, entre outros artistas.

“É unha xornada chea de actividades para todo os públicos, dende cativada ata xente maior. Entre as propostas sobresaen o cinema rural, cun documental de FEMURO, onde participan a mulleres de Laza e da comarca, ou un obradoiro de baile. Tamén destacamos a parte da tractorada engalanada, onde se faran probas co tractor para as/os mais valentes e un percorrido polas rúas de Laza, ademais de coches clásicos. En definitiva, trátase dunha xornada chea de actividades e onde se pode desfrutar con amigos e familia”, comentan dende a organización.

 

 

O programa tamén inclúe un xantar popular de churrasco (con reserva/entrada nos bares de Laza e Bar America en Verín), a maiores de pulpeira e foodtrucks.

“O Ponte Farruca nace coa idea de visibilizar ao colectivo LGTBIQ+, a muller e o rural. Agora mesmo estamos co crowdfunding, no que se pode conseguir agasallos colaborando coa Ponte farruca”, din os seus promotores.

Fotos cedidas.

 

Back to top button