OurenseÚltima horaVídeos

O incendio de Flariz (Monterrei) leva 60 hectáreas queimadas

 

Dende as 17:05 h. desta tarde está activo un incendio forestal no municipio ourensán de Monterrei, parroquia de Flariz, que segundo as primeiras estimacións afecta xa unha superficie provisional dunhas 60 hectáreas, segundo a Consellería do Medio Rural.

Para o seu control mobilizáronse polo de agora 3 axentes, 6 brigadas, 4 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 8 avións.

Impresiona a intensidade do lume, tal e como pode comprobarse nas imaxes deste vídeo cedido.

 

Artigos relacionados

Back to top button