
Continúa activo o incendio que se iniciaba ás 22,09 h. do xoves en Riodolas (Carballeda de Valdeorras) e leva xa queimadas unhas 2.400 hectáreas, segundo os últimos datos actualizados pola Consellería do Medio Rural.
O lume reactivábase a primeira hora desta tarde por mor dun cambio de vento, e a Consellería do Medio Rural decretaba arredor das catro da tarde a Situación 2 como medida preventiva pola proximidade do lume ao núcleo de Candeda.
Pero o lume continuaba esténdose a gran velocidade alcanzando núcleos do veciño concello do Barco con son os de Alixo, Vilariño, Coedo ou Millarouso.
Vídeo cedido.
Agradecemos a cesión das imaxes.