Continúa activo o incendio forestal que comezaba ás 16:35h. da tarde de onte, sábado, na parroquia de Sobradelo, pertecente ao concello de Carballeda de Valdeorras. A comarca amencía hoxe rodeada de fume, cinza e tamén co son dos medios aéreos que se incorporaban novamente aos labores de extinción.
Segundo as últimas estimacións feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, o lume afecta unha superficie dunhas 200 hectáreas.
A primeira hora desta mañá mobilizábanse novamente os medios aéreos para “entrar o antes posible no incendio e seguir apoiando aos efectivos terrestres”, segundo Medio Rural.
No control deste lume levan participado 1 técnico, 12 axentes, 28 brigadas, 13 motobombas, 2 pas, 6 avións e 9 helicópteros.