EconomíaEconomíaÚltima hora

O incendio industrial de onte, entre os temas da reunión do alcalde do Barco e o conselleiro de Economía

 

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro en Santiago de Compostela co alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, no que lle trasladou o apoio da Xunta “para que as empresas afectadas polo incendio que tivo lugar onte poidan recuperar a súa actividade o antes posible”.

O vicepresidente económico avanzou “o apoio da Xunta e sinalou que, aínda que agora deberán tomar parte as aseguradoras, as empresas teñen á súa disposición a carteira de recursos cos que conta a Administración galega, así como asesoramento en caso de ser necesario”.

Ademais, na reunión Conde e o rexedor municipal abordaron vías de colaboración para dinamizar o tecido empresarial da localidade, que conta con sectores tan destacados como o da lousa.

 

Artigos relacionados

Back to top button