ConcellosTrivesÚltima hora

O innovador obradoiro “Creactivity” recala en Trives

 

Trives acollerá nesta xornada o innovador obradoiro: “Creactivity”. Trátase dun espazo interactivo que fomenta o enxeño e a creactividade con obradoiros para nenos e nenas e que tamén lles axudan a “sentirse cómodos nunha sociedade cambiante”, din dende a organización.

Creactivity é unha das actividades que se impulsan desde EduCaixa (iniciativa de la Caixa), e está dirixida a grupos escolares de 1.º a 6.º de primaria e 1.º e 2.º ciclo de educación secundaria. Un facilitador acompaña os alumnos a través dun proceso de creación, en sesións gratuítas de 60 minutos por clase (25 alumnos aprox.).

É “un contexto innovador de aprendizaxe inspirada no movemento Tinkering do Exploratorium de San Francisco, Creactivity propón atopar solucións orixinais para problemas sinxelos, e anima a ser creativos e aprender dos erros, potenciando a innovación a través da experimentación e o pensamento crítico e creativo”, segundo os seus promotores.

O espazo permite investigar, formular retos concretos, pensar solucións, inspirarse, compartir, colaborar, improvisar, traballar en equipo e moito máis. Os alumnos traballarán competencias transversais no ámbito matemático, científico e tecnolóxico.

 

Artigos relacionados

Back to top button