ConcellosEntroido 2023Última horaViana do BoloVídeos

O intenso toque do Folión Feminino percorre Viana do Bolo

 

Unhas 80 de mulleres do municipio de Viana do Bolo, de moi diferentes idades (dende meniñas ata maiores) xuntábanse neste 4 de febreiro na vila para percorrela tocando bombos e aixadas, así como vestidas de Boteiro. O Fulión Feminino volvía cobrar vida no sábado previo ao Xoves de Compadres, enchendo do intenso e engaiolante son do Entroido as rúas desta localidade.

 

 

O fulión comezaba a tocar pola mañá, e tras un parón para compartir un cocido no Restaurante A Nosa Casa, coa asistencia dun cento de mulleres, volvía soar despois da sobremesa para percorrer Viana enteira. A alma máter desta iniciativa, que se celebra dende o 2017 e implica a boa parte das mulleres vianesa, é Jessica Granja.

Fotos e vídeos cedidos polo Fulión Feminino de Viana do Bolo.

https://youtube.com/shorts/BlcLPpy2jo4?feature=share

 

Artigos relacionados

Back to top button