Ás oito da tarde do martes 22 de abril producíase unha saída de vía no quilómetro 488 da N-120 ao seu paso polo concello de Rubiá. Tal como indican dende o 112 Galicia, recibían o aviso dun particular que paraba a socorrer á persoa implicada, indicando que “sufrira o accidente porque se viu cegado polo sol”.
Segundo os primeiros datos a persoa “estaba consciente e malia parecer conmocionado dicía que non quería asistencia sanitaria”, explican dende o 112, indicando que ata o lugar dos feitos desprazábase a Garda Civil de Tráfico e tamén Urxencias Sanitarias aínda que non dispoñen de máis datos sobre o suceso.