ConcellosLaroucoÚltima hora

Catro feridos nun accidente de tráfico na OU 533 ao seu paso polo concello de Larouco

 

Na tarde deste luns 21 de abril producíase un accidente de tráfico na OU 533 PK 44, ao seu paso pola Portela, no concello de Larouco.

Tal como informan dendes os servizos de emerxencia, pasadas as sete da tarde saltaba o aviso no 112 Galicia dun coche que se saía da estrada (dirección A Rúa), chocando contra o noiro e quedando envorcado no carril contrario.

 

 

No vehículo accidentado viaxaban catro persoas (dous matrimonios) que resultaban feridas de diferente consideración.

Ata o lugar dos feitos desprazábanse membros de Protección Civil de Larouco, do GES Valdeorras, bombeiros do parque comarcal, Garda Civil de Tráfico e tres ambulancias de Urxencias Sanitarias do 061 que trasladaban a tres dos feridos. Tamén era mobilizado o helicóptero medicalizado que trasladaba a unha das mulleres.

 

 

Ver vídeo

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button