
A Asociación Os Labregos de Trives vén de facer público o cartel da xuntanza de folións que organiza cada Entroido en Trives, en colaboración co Concello. Desta volta será o 12 de febreiro a partir das 15h. Neste desfile participarán un total de 13 folións chegados dende diferentes puntos do oriente ourensán.
O desfile abrirao o folión organizador, Os Labregos, e tamén participarán os folións As Maceiras, A Lardeira e A Caniceira (os tres triveses), Os Arrieros de Petín, Os Viticultores de Vilamartín, os folións da Veiga, Manzaneda e Chandrexa de Queixa, a Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso, o Folión de Fradelo (Viana do Bolo), o de Buxán (O Bolo) e o de Carracedo da Serra (A Gudiña).
O desfile comezará na Finca da Barreira e, tras percorrer o casco antigo da vila, rematará na praza do Reloxo.