ConcellosÚltima horaVerín

O Lázaro 2023 de Verín incluirá máis dunha vintena de propostas variadas

Feira de Artesanía e alimentación, natación, actividades de ocio para todas as idades, unha mostra de vehículos novos e de ocasión, actuacións musicais, menús especiais lázaro e os tradicionais actos relixiosos conforman a oferta preparada polo Concello de Verín para o próximos días 25 e 26 de marzo

 

Esta mañá o Concello de Verín presentaba o programa oficial de actividades para o Lázaro 2023, que terá lugar os días 25 e 26 de marzo. Este ano, o ente municipal retoma a súa tradicional festa patronal ofrecendo un amplo abano de propostas enfocadas a todos os públicos. O acto tiña lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura por Manuel Lorenzo, concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalería e Diego Lourenzo, tenente de alcalde do Concello de Verín.

Como en anteriores edicións preséntase este ano un concepto de “Lázaro Multicartel” no que veciños e visitantes poderán desfrutar dunha completa fin de semana con máis dunha vintena de actividades, distribuídas por toda a vila, para todos os segmentos de público e todas as idades», salientou Manuel Lorenzo.

Feira de Artesanía e alimentación, actuacións musicais, natación, actividades de ocio para todas as idades, unha mostra de vehículos novos e de ocasión, menús especiais lázaro e os tradicionais actos relixiosos conforman a oferta preparada polo Concello de Verín para esta nova edición do Lázaro.

Este ano, no eido dos deportes, celebraranse o sábado 25 de marzo os seguintes eventos: as 10:30 horas, o Torneo das Escolas Deportivas de Natación na Piscina Climatizada de Verín coa (participan: Club Natación Verín, Piscina Climatizada de Allariz, Piscina Climatizada de Xinzo, Flavitus Nataçao Clube, Nataçao C. Chaves) e o partido de veteranos de fútbol entre o A.D. Veteranos Verín e o G.D. Chaves, no Complexo Deportivo de A Granxa, ás 16:30 horas.

Por outra banda, durante os días 25 e 26 de marzo haberá una completa feira de mostras de artesanía e alimentación, ubicada no Pavillón Municipal de Deportes de Verín e repleta de actividades variadas como obradoiros, cata e maridaxe de viños, ambientación musical ou catas de produtos de alimentación.

Olaría, cestería, coiro, traballo en porcelana, cerámica decorativa, xoiaría de prata, traballos en fieltro, roupa artesá, coitelaría, instrumentos musicais, xabóns artesanais, artigos personalizados; ou Embutidos, queixos, doces, mel, patés, viños, marmeladas, crepes, anchoas, pan, licores, aceite, serán algúns dos sectores e produtos que se poderemos encontrar na nos más de medio centenar de expositores que participan este ano na feira. Ao igual que nas pasadas edicións, a D.O Monterrei estará presente co seu Túnel do Viño durante as dúas xornadas.

Non faltarán no Pavillón municipal os obradoiros infantís. Durante as dúas xornadas da feira, realizaranse actividades destinadas aos máis cativos e cativas no que poderán levar a cabo distintos xogos e manualidades. Para complementar o programa, este ano volverá a asentarse na rúa Irmáns Moreno unha mostra de vehículos novos e de ocasión.

Debido o aforo limitado nas actividades ubicadas no pavillón, recoméndase realizar as inscrición por algún dos seguintes medios: vía mail: adl@verin.gal, no formulario da web municipal, a través da Oficina desenvolvemento local do Concello de Verín ou durante a feira no stand da organización. As persoas inscritas nas actividades deberán estar no espazo dedicado as mesmas cunha antelación mínima de 5 minutos antes do comezo.

Segundo explicou o tenente de alcalde, Diego Lourenzo, «no que actividades musicais e culturais se refire, manterase a liña de programación das anteriores edicións ofrecendo actuacións pensadas para todas os segmentos de público». Deste xeito, a programación musical arrinca o sábado 25 de marzo, ás 17:30 horas, a praza da Mercé será o escenario da segunda edición do Festival de Bandas de Música “Vila de Verín”, que contará coa participación da Banda de música de Castrelo (Cambados), Bandas dos Conservatorios Profesionais de Música de Verín e As Pontes.. Por outra banda, a Praza García Barbón acollerá a actuación da Orquestra Claxxon en dous pases. As 21:00 e a 1:00 da madrugada do domingo.

 

 

Xa o domingo 26 de marzo, ás 17:00 horas, haberá un pasarrúas a cargo do grupo Tómalle outra desde a Praza García Barbón ata o Pavillón Municipal (Percorrido pola Feira do Lázaro). Para rematar -a partir das 19:30 horas- a Orquestra Olympus pechará a programación musical do Lázaro na Praza García Barbón.

Por último, tamén o domingo, ás 12:00 horas, celebrarase a tradicional misa do Lázaro na Igrexa Parroquial de Santa María a Maior, coa Coral de Verín. Ao rematar o acto relixioso haberá unha procesión ata San Lázaro, que contará coa participación da Banda de Gaitas do Concello de Verín.

FEIRA DE ARTESANÍA E ALIMENTACIÓN.
25 E 26 DE MARZO

PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES VERÍN.

Horario:
Sábado: 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 21:00h
Domingo: 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h

SONIDO AMBIENTE – DISCOMÓBIL SPACE

TÚNEL DO VIÑO DA D.O. MONTERREI
HORARIO:
Sábado: 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 21:00h
Domingo: 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h

SÁBADO 25 DE MARZO |

Mañá

10.00 h – APERTURA RECINTO FEIRAL

11.00 h – CATA DE QUEIXOS DE CABRA CONFITADOS DE QUEIXERÍA GAIA
A cargo do Mestre dos Queixos Iván Cubillas

12.00 h – INAUGURACIÓN OFICIAL.
Coa participación da Banda de Gaitas do Concello de Verín.

13.00 h – OBRADOIRO DE INICIO A COSTURA en fieltro.
A cargo de ARIANRHOD ARTESANÍA (Gema Justo). Para todas as idades a partir de 6.

14.00 h – PECHE DO RECINTO FEIRAL

Tarde

16.00 h – APERTURA RECINTO FEIRAL

17.00 h – OBRADOIRO INFANTIL ‘PLÁSTICO MÁGICO’
A cargo de PATO JOYEROS. (Esther Pato) Elaboración de complementos deseñados e creados polos/as cativos/as para cocer as pezas no forno. A partir de 4 anos e sen límite de idade.

18.00 h – OBRADOIRO INFANTIL ‘XOGO TRES EN RAIA’ elaborado en fieltro
A cargo de CARMECAS (Carme Gómez). Para todas as idades a partir de 5.

19.00 h – CHARLA-DEMOSTRACIÓN ‘Propiedades e Beneficios das pedras máxicas’.
Impartida por RINCÓN MÁGICO DE ÉPONA (Lorena Parada). Para todas as idades.

20.00 h – SHOW-COOKING Introdución de Alimentos saudables no día a día
Con produtos ecolóxicos da Tenda ‘Asubío’. A cargo de Puri Caldelas.

21.00 h PECHE RECINTO FEIRAL

DOMINGO 26 DE MARZO |

10.00 h – APERTURA RECINTO FEIRAL

11.00 h – CATA DE QUEIXOS DE CABRA CONFITADOS DE QUEIXERÍA GAIA
A cargo do Mestre dos Queixos Iván Cubillas

12.00 h – OBRADOIRO INFANTIL E ADULTO DE CERÁMICA.
Elaboración de pezas no torno, a cargo de Olaría do Batán

13.00 h – CATA ARMONÍA DE VIÑOS da Denominación de Orixe MONTERREI
A cargo do técnico da D.O. Miguel López. Acompañada con pinchos elaborados por Begoña Vázquez (O REGUEIRO DA COVA).

14.00 PECHE RECINTO FEIRAL

Tarde

16.00 h – APERTURA RECINTO FEIRAL

16:00 h – OBRADOIRO DE INICIO A COSTURA en fieltro.
A cargo de ARIANRHOD ARTESANÍA (Gema Justo). Para todas as idades a partir de 6.

16.30 h – OBRADOIRO INFANTIL ‘PLÁSTICO MÁGICO’
A cargo de PATO JOYEROS. (Esther Pato) Elaboración de complementos deseñados e creados polos/as cativos/as para cocer as pezas no forno. A partir de 4 anos e sen límite de idade.

17.30 h – SHOW-COOKING con produtos ecolóxicos e doces saudables de ‘Baroncelli’
A cargo de Juan Matías de ‘Baroncelli’ e Puri Caldelas (Asubío).

18.30 h – OBRADOIRO ADULTOS ‘BROCHE DE BONECAS’
A cargo de CARMECAS (Carme Gómez).

19.30 h – ENTREGA PREMIO MELLOR STAND E DIPLOMAS PARTICIPACIÓN

20.00 h – PECHE RECINTO FEIRAL

INFORMACIÓN ADICIONAL:
Debido o aforo limitado nos obradoiros, degustacións e charlas, recoméndase realizar as inscricións por algún dos seguintes medios:

• mail: adl@verin.gal
• Oficina desenvolvemento local do Concello de Verín
• Durante a feira no stand da organización

As persoas inscritas nas actividades, que serán todas de carácter gratuíto, deberán estar no espazo dedicado as mesmas cunha antelación mínima de 5 minutos antes do comezo.

__________________________________________________________________________

TRABALLOS EN VIVO

Sectores e produtos da artesanía participantes:
Olaría, cestería, coiro, traballo en porcelana, cerámica decorativa, xoiaría de prata, traballos en fieltro, roupa artesá, coitelaría, olería, instrumentos musicais, xabóns artesanais, artigos personalizados, etc.

Alimentación:
Embutidos, queixos, doces, mel, patés, viños, marmeladas, crepes, anchoas, pan, licores, aceite, etc.

__________________________________________________________________________

MOSTRA DE VEHÍCULOS NOVOS E DE OCASIÓN

SÁBADO 25 E DOMINGO 26 DE MARZO
RÚA IRMÁNS MORENO

Horario: 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 21:00h (domingo peche ás 20:00h)
Concesionarios participantes:
– AFIAUTO, S.L.
– MARTINEZ MULTIMARCA
– AUTOS MONCHO (Concesionario Ford)
– TALLERES AGRIPINO S.L.

__________________________________________________________________________

PROGRAMACIÓN CULTURAL

SÁBADO 25 DE MARZO

12:00 h – BANDA DE GAITAS DO CONCELLO DE VERÍN
Pavillón Municipal de Deportes

17:30 h – II FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA – VILA DE VERÍN
Praza da Mercé
Participantes: Banda de música de Castrelo (Cambados), Bandas dos Conservatorios Profesionais de Música de Verín e As Pontes.
*En caso de inclemencias meteorolóxicas o evento trasladarase ao Auditorio.

21:00 h – ACTUACIÓN DA ORQUESTRA CLAXXON
Praza García Barbón

01:00 h – ACTUACIÓN DA ORQUESTRA CLAXXON
Praza García Barbón

DOMINGO 26 DE MARZO

17.00 h – PASARRÚAS A CARGO DO GRUPO TÓMALLE OUTRA
Desde a Praza García Barbón ata o Pavillón Municipal (Percorrido pola Feira do Lázaro)

19.30 h – ACTUACIÓN DA ORQUESTRA OLIMPUS
Praza García Barbón

__________________________________________________________________________

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

SÁBADO 25 DE MARZO

10:30 h – TORNEO ESCOLAS DEPORTIVAS DE NATACIÓN
Piscina Climatizada de Verín
Participan: Club Natación Verín, Piscina Climatizada de Allariz, Piscina Climatizada de Xinzo,
Flavitus Nataçao Clube, Nataçao C. Chaves.

16:30 h – PARTIDO DE VETERANOS DE FÚTBOL – A.D. VETERANOS VERÍN -G.D. CHAVES
Complexo Deportivo de A Granxa

__________________________________________________________________________

MENÚS ESPECIAIS LÁZARO
Os establecementos hostaleiros de Verín ofertarán menús especiais do Lázaro.

ACTOS RELIXIOSOS

DOMINGO 26 DE MARZO

12:00 h – MISA NA IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA A MAIOR.
Participa a Coral da Asociación Amigos da Música.

12:45 h – Ao rematar a misa haberá un PASARRÚAS e PROCESIÓN ATA SAN LÁZARO. Participa a Banda de Gaitas do Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button