CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O legado de Luísa Villalta sóbese ao escenario no Barco

Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut presentaban no Paseo do Malecón "Indóciles"

 

Poesía, música e narración oral para homenaxear a Luísa Villalta. Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut, xeran un universo singular arredor do legado desta poeta coruñesa, ao que este ano se lle adican as Letras Galegas, no seu espectáculo “Indóciles”. Con recalaban no mediodía deste 12 de maio no Paseo do Malecón do Barco.

 

 

A indocilidade, para elas, está na contundencia do sinxelo, nas palabras, nos silencios, nas presenzas, na interrelación entre as tres en escena e co público, na espectacular naturalidade do cotián e do presente. Tamén nos coidados e no activismo social. E así o demostraban nesta peza, cargada de contundencia e que se incluía na programación das Letras Galegas do Barco.

Fotos: A.R.

Back to top button