CulturaCulturaÚltima hora

O libro “El último guarda de la Mina de Valborraz”, presentado en Cazario de La Baña, a terra do seu protagonista

Nesta obra o valdeorrés Christian Barrio conta a historia do seu avó José, garda durante vinte ano no poboado de mineiro de Casaio (Carballeda de Valdeorras)

Publicidade

 

Gran acollida na presentación do libro “José Barrio. El último guarda de la Mina de Valborraz” en Cazario de La Baña (Encinedo, León), terra de orixe do seu protagonista. Unhas cen persoas acudían a este acto no que interviñan o autor, o xornalista valdeorrés Christian Barrio Fernández, e o seu avó, cuxa historia se relata nesta obra que camiña entre a novela histórica e o ensaio.

Ademais, no decurso deste acto, José Barrio rendíase homenaxe a José Barrio, quen recibía unha placa honorífica no seu pobo natal. Entre os asisentes ao acto estaban Elíseo Bayo, un dos compañeiros gardas da mina ata o ano 1973, e tamén o ex alcalde de Encinedo, Ramiro Arredondas, quen tamén tomaba a palabra.

 

O autor do libro, co seu avó José Barrio e con Elíseo Bayo, un dos compañeiros gardas da mina ata o ano 1973, na entrega da placa honorífica a Barrio

 

Este libro, que Christian Barrio dedica aos seus avós José e á memoria “dos meus dous mestres, Arsenio Álvarez e José Luis Puente”; conta cun prólogo, dez capítulos e un apartado bibliográfico. No primeiro capítulo aborda o nacemento do seu avó, no segundo achégase á Mina de Valborraz e ao volframio. Nel narra como o seu avó se trasladaba dende La Baña (León) para traballar nesta explotación valdeorresa, na que viviu algo máis de 20 anos, “entre 1958 e 1978.

Despois céntrase na chegada do seu avó á mina, no marco “dunha emigración industrial fronte á gandería e ao agro”, no seu día a día na explotación, e en sucesos como un accidente no que perdeu a man por un explosivo ou no momento no que pasou a ser garda.

Así, a través da figura do seu avó, José Barrio, este escritor valdeorrés retrata as últimas dúas décadas deste poboado mineiro estratéxico durante a segunda guerra mundial pola súa produción de volframio.

Fotos: Rosana Fernández.

 

José Barrio coa súa placa.

Artigos relacionados

Back to top button