CulturaCulturaÚltima hora

O libro “El último guardia de la Mina de Valborraz” vén de presentarse en Casaio

 

O xornalista e historiador valdeorrés Christian Barrio Fernández presentaba nesta fin de semana en Casaio (Carballeda de Valdeorras) o seu libro “José Barrio. El último guarda de la Mina de Valborraz” (Punto Rojo Libros, 2022). Nel conta, movéndose entre o ensaio e a novela histórica, a experiencia do seu avó, que viviu durante 20 anos no poboado desa explotación de volframio de Casaio, primeiro traballando nas súas galerías e despois como vixiante.

O acto, que se celebraba no local social da localidade na tarde do 28 de outubro, reunía a unhas 60 personas, entre elas o protagonista da historia, José Barrio, natural da veciña zona da Baña (León). A quenda de intervencións abríaa Pedro Domínguez, de Eco dos Teixos, presentando o programa do fin de semana, “Trevinca, Unha viaxe á orixe”.

Deseguido tomaba a palabra Fran Alonso, de Sputnik Labrego, presentando brevemente a historia da mina e a sua relevancia. Finalmente, falaba o autor do libro quen expoñía, ao longo duns 25 minutos, o contido deste volume. Ademais iniciaba o seu discurso comentando que foi un vídeo de Sputnik Labrego o que lle descubriu que o seu avó fóra o derradeiro garda da explotación e o que determinou en certa maneira que decidise escribir este libro.

Fotos: Rosana Fernández.

Artigos relacionados

Back to top button