CulturaCulturaÚltima hora

O libro “Villaseco, memorias de mi juventud”, de Amable Rodríguez, presentarase en Viana o día 12

O acto terá lugar ás 19:30 horas do vindeiro mércores, na Casa da Cultura da vila

 

O mércores día 12 de xullo de 2023, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura de Viana do Bolo, presentarase o libro titulado “Villaseco, memorias de mi juventud”, de Amable Rodríguez Ferrero, editado por Letrame, Grupo Editorial. Trátase dunhas memorias da súa infancia e mocidade vividas na parroquia de San Vicente de Vilaseco da Serra (Viana do Bolo-Ourense), que retrotrao ao lector ás décadas de 1930 e 1940, e que foron recuperadas e editadas polo seu fillo Francisco Rodríguez Álvarez.

A presentación contará coa presenza de Francisco Rodríguez Álvarez, fillo de Amable e editor do libro; Antonio Rodríguez Fernández, alcalde de Barrio de Vilaseco; e Jesús Salgado Álvarez, xornalista e escritor.

Amable Rodríguez naceu no Pereiro (A Mezquita-Ourense) en 1925, pero con apenas seis anos o seu pai confiouno a Joaquín Fernández, veciño de Vilaseco da Serra. Alí compatibilizou as súas tarefas de pastor coa asistencia á escola, onde aprendeu as primeiras letras, ata que despois de cumprir o servizo militar e traballar no ferrocarril Zamora-Ourense, fincouse finalmente en Barcelona onde formou a súa familia.

 

O matrimonio Purificación e Amable./ Cedida.

 

Dun lado Amable reflicte ao longo da súa narración o ciclo anual da natureza, enmarcado nunha contorna virxe e paradisíaca delimitada polos montes e ríos de Vilaseco, que lle permitiu pisar palmo a palmo, como zagal primeiro, e pastor despois.

Doutro banda, non podía ser doutra maneira, o factor humano, tratando sobrevivir nunhas condicións difíciles antes e despois da Guerra Civil merece unha especial atención por parte do autor. Aí Amable amosa o ánimo e as conciencias de cada un dos veciños enmarcadas nas distintas actividades agropecuarias e festivas. Como el, moitos acabarían emigrando. Trasladábase a Barcelona ao redor de 1950 onde contraeu matrimonio con Purificación Álvarez, natural de Parada de Sil (Ourense). Nesta cidade faleceu en 2003.

Artigos relacionados

Back to top button