CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O luns 16 de decembro poranse á venda as entradas para o SilFest Valdeorras 2020

A V edición do festival multicultural á beira do río Sil celebrarase do 23 ao 25 de xullo

Un dos concertos do SilFest Valdeorras 2019. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

O SilFest Valdeorras 2020 xa ten data. A quinta edición do festival multicultural onde a música comparte escenario coa poesía, o cinema, o viño, as actividades infantís e a natureza, celebrarase os días 23, 24 e 25 de xullo, coma sempre á biera do río Sil ao seu paso polo Barco de Valdeorras.

E un ano máis virá cargado de novidades que irán dando a coñecer progresivamente, buscando “consolidarse, crecer e converterse nun festival de referencia”, aseguran dende a organización que busca que “a xente de Valdeorras o sinta como una seña de identidade”.

As entradas poranse xa á venda o vindeiro luns, 16 de decembro, a partir das dez da mañá. O abono xeral que dá acceso ao recinto do festival poderá mercarse cunha oferta de lanzamento por 16 euros + gastos de xestión. O abono para o Mini SilFest, festival paralelo dirixido ao público infantil, terá un prezo de 7 euros + gastos de xestión. Ámbolos dous estarán dispoñibles online na web do festival www.silfestvaldeorras.com.

 

Artigos relacionados

Back to top button