ConcellosTrivesÚltima hora

O Magosto da Pobra de Trives reúne a unhas 300 persoas en Santa Leonor

 

Inicialmente previsto para o 1 de novembro, aprazado en apoio aos afectados pola DANA, o Magosto do Concello da Pobra de Trives celebrábase finalmente na tardiña deste sábado día 16.

Unha tradicional celebración gastronómica e lúdica que reunía a unhas 300 persoas nas dependencias de Santa Leonor que, polos 2 euros que custaba a entrada, degustaban un completo menú con bocadillo de panceta asada, chourizo, bica, castañas recén asadas, viño e auga.

 

 

Na organización, preparando a merenda e servindo, estaban un ano máis mesmbros da corporación coa alcaldesa Patricia Domínguez, á fronte, e persoal do Concello.

O apartado musical da festa corría por conta de Alberto Cuña.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button