ConcellosÚltima horaVilamartín

O magosto de Arcos (Vilamartín) reta á chuvia e ao vento

 

Nin a chuvia nin o vento traídos ata Valdeorras pola borrasca Domingos impedían que a localidade vilamartinesa de Arcos celebrase o seu magosto tradicional, eso si a cuberto, a carón do centro social.

 

 

Organizada polas Mulleres Rurais coa colaboración da Asociación de Veciños de Arcos, da Asociación de Coveiros e do Concello, a festa por excelencia da castaña, reunía na tarde do sábado 4 de novembro a numerosas persoas que degustaron un exquisito menú  no que non faltaron os bolos preñados e o viño, os doces e licores e por suposto as castañas recén asadas.

 

 

Malia o mal tempo, foi unha boa tarde de merenda e sobre todo xuntanza veciñal.

 

 

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button