ConcellosPetínÚltima hora

O magosto de Petín reúne a unhas 450 persoas

 

Petín era outro dos concellos valdeorreses que celebraba o seu magosto na tarde do luns 31 de outubro. Unha festa tan popular como tradicional que reunía a unhas 450 persoas no patio da Casa da Cultura.

Alí, ademais das castañas asadas e por 1 euros que custaba a entrada, os asistentes puderon degustar chourizo con pan e viño.

Na celebración tampouco faltou a música nin os cativos disfrazados para celebrar o Samaín, pasando unha entretida tarde de outono.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button