ConcellosRubiáÚltima hora

O magosto interparroquial, misioneiro e solidario de Rubiá, tamén colaborará cos afectados pola DANA

Asistentes ao magosto o ano pasado./ Foto cedida.

 

O domingo 10 de novembro ás 17 horas celebrarase o magosto interparroquial, misioneiro e solidario na igrexa de Rubiá. Un ano máis, a entrada será gratuíta para todos e poderanse degustar chourizos, touciño entrefebrado, castañas, doces e queimada.

Ás 16:30 horas celebrarase a misa dominical onde se fará unha colecta en favor das Misións e dos afectados pola DANA. E xa a partir das 17 horas comezará o magosto onde se venderán rifas para participar no sorteo dun xamón.

O recadado coa venda das rifas sumarase á colecta xa realizada na misa, polo que o párroco de Rubiá, Daniel Pérez, anima á poboación a participar neste magosto solidario que busca “sumarse ás múltiples iniciativas que se están levando a cabo ante tanto sufrimento en Valencia e noutras rexións de España”.

Artigos relacionados

Back to top button