ConcellosRubiáÚltima hora

O magosto solidario de Rubiá destinará preto de 1.800 euros da recadación aos damnificados pola DANA

 

Máis solidario que nunca, o magosto interparroquial misioneiro de Rubiá conseguía unha gran recadación que repartirán entre as Misións e a Comunidade Valenciana.

Ao recadado coa venda das rifas durante o magosto celebrado na tarde do domingo 10 de novembro sumaron a colecta realizada na misa, buscando “sumarse ás múltiples iniciativas que se están levando a cabo ante tanto sufrimento en Valencia e noutras rexións de España”, en palabras do párroco, Daniel Pérez Quintela, que tres días despois anuncia satisteito a recadación.

En total conseguiron 2.731,1 euros dos cales 1.755,55 irán para os damnificados pola DANA, a través de Cáritas; e 975.55 para Infancia Misioneira. Unha gran colaboración que o párroco agradece encarecidamente.

Artigos relacionados

Back to top button