
O atleta barquense José Fernández Nieves, que viste as cores do Real Club Celta de Vigo, vén de facerse coa medalla de bronce no XXIV/XVII Campionato de España Máster de 10 km que se celebraba en Xetafe este domingo 6 de decembro.
O marchador valdeorrés competía na categoría M40, quedando terceiro na final cunha marca de 50:13. Nesta proba impoñíase Juan Manuel Morales (Marineda Atlético) cun tempo de 47:12. Esta é a terceira medalla que Fernández Nieves consegue nos últimos meses, tras o ouro en M-35 nos 5 km marcha (logrado no Campionato Galego Máster de Pontevedra) e a prata M35 nos 5 km marcha no Campionato de España Máster.