EconomíaEconomíaÚltima hora

O mel e a bica de Castro Caldelas, protagonistas o 12 de xuño de “Un Castelo no Camiño Augas Sacras”

Publicidade

 

No marco do proxecto “Un Castelo no Camiño Augas Sacras” terá lugar o vindeiro 12 de xuño unha actividade de divulgación dos valores gastronómicos de dous produtos típicos de Castro Caldelas: a bica, doce propio destas terras e con gran tradición, e o mel, que se elabora nesta zona multifloral e de gran calidade.

Así pola mañá terá lugar unha visita a unha produtora de mel na zona de Cacidrón, e logo farase unha pequena ruta de sendeirismo, de 6 km máximo, na contorna de Matacás.

Despois do xantar libre en Castro Caldelas, pola tarde está programado visitar un obradoiro de bicas, onde se amosará como se realiza este doce típico e tamén haberá degustación do mesmo.

Más información e inscripciones en:
https://www.celtiatravel.com/…/bica-e-mel-en-castro…/

Artigos relacionados

Back to top button