O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro do Medio Rural, José González, e polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, preside o acto de entrega dos premios da XXXI Cata de viños de Galicia, XXI Cata de augardentes de Galicia e VIII Cata de licores tradicionais. No Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Lugar de Quián), 10/07/19

Nesta tarde día lugar o acto de entrega dos premios da XXXI Cata de viños de Galicia
O mellor viño tinto galego é valdeorrés. Así se reflexaba na entrega de galardóns da XXXI Cata de viños de Galicia, que tiña lugar na tarde do 10 de xullo en Boqueixón, nun acto presidido polo titular do goberno galego, Alberto Núñez.
O presidente da Cooperativa Xesús Nazareno do Barco, Manuel Fernández, recollía o Acio de Ouro ao mellor tinto de Galicia polo seu Menciño, mentres que a distinción ao mellor branco da comunidade recaía no Arbastrum de Bodegas Eidosela, S.C.G. da D.O. Rías Baixas.
Ademais entregábanse premios por denominación de orixe (sendo no caso de Valdeorras para Joaquín Rebolledo co Acio de Ouro tinto e para Godeval co Acio de Ouro branco), ademais de nas categorías de viños de colleiteiro e pequenas adegas, de elaboracións con madeira, de viños de colleitas anteriores, ecolóxicos (para Abadía da Cova) e escumosos, entre outras.