OurenseÚltima hora

O Mes Cultural Seixalbo 2020 inclúe actividades cun compoñente solidario

A Asociación Veciñal San Breixo entregou 50 caixas de aceite de consumo doméstico (750 litros) ao Banco de Alimentos de Ourense

Entrega de aceite ao Banco de Alimentos de Ourense.

 

A situación que están vivindo moitas familias con baixos recursos agravouse coa pandemia provocada polo Covid-19.

Por iso, pensando na xente máis desfavorecida, a programación do Mes Cultural Seixalbo 2020, organizada pola Asociación Veciñal San Breixo e que este ano celebra a 33ª edición, inclúe nesta ocasión accións cun compoñente solidario, materializado na entrega de cincuenta caixas de aceite de consumo doméstico (750 litros) ao Banco de Alimentos de Ourense, “un produto de primeira necesidade para que poidan servir ea aliviar, aínda que sexa modestamente, o sufrimento de tantas familias”, asegura o presidente da asociación, Xosé Carballido.

Para recadar os fondos cos que foron adquiridos 600 litros de aceite, a Asociación Veciñal San Breixo de Seixalbo organizou unha Andaina Solidaria. Tamén dentro das actividades do Mes Cultural, estase a levar a cabo un concurso musical no que participan, entre outros, os grupos locais de teatro “Ese día sae” e de danza “Seixalbo baila”. O importe do premio irá destinado a esta mesma causa, co que se incrementa a doazón en 150 botellas máis.

Tal como especifican dende a directiva veciñal, os produtos foron adquiridos
no comercio local, transmitindo a felicitación e o agradecemento “de toda a vila de Seixalbo ao Banco de Alimentos de Ourense, polo impagable labor que están a facer, máis se cabe nestes tempos de pandemia”.

Artigos relacionados

Back to top button