Hovhanes Karakhanyan, ou o que é o mesmo, o Mestre do Duduk (único instrumento catalogado como Patrimonio da Humanidade), actúa este sábado 15 de xuño no Espazo Icatú. “Poder extrapolarnos a milenios atrás en directo e nun espazo de tardeo de calidade como o noso é unha das cousas máis máxicas que pode ter un visitante, ao tempo, que un regalazo para a zona”, di Diego Soto, director de Icatú quen cumpre 15 anos programando, con máis de 250 concertos ás súas costas.
Será un concerto moi especial pola valía do seu repertorio e que Hovhanes compartirá cun chelo. “Estar nun dos seus concertos é como entrar nunha burbulla de paz e da que cando saes, queres seguir sentindo iso”, prosegue Diego.
Esta será a antesala das seguintes datas:
QUIET o 23 de xuño e Ton Risco
cuarteto (ambos supoñen dos mellores combos de jazz europeo),
Lucía Puído Ensemble o 27 de xullo e para pechar o 3 de agosto, o gran Jorge Pardo Trío.
